Homenaxe aos represaliados de Cedeira en Ferrol

Contributo para que também na Galiza a memória das vítimas do fascismo não se apague 


O 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe foron executados 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas, condenados pola súa defensa dos principios democráticos  e de progreso e por negarse a secundar un golpe militar contra o gobernó republicano  legalmente elexido por vontade popular.



O mércores 18 de decembro a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática coa veciñanza de Cedeira e Ferrol que desexe sumarse,conmemorando o 83 aniversario deste triste suceso, realizaremos unha sinxela homenaxe e ofrenda floral, que comezará ás 10 da mañá fronte ao Instituto de Canido (Antigo Cemiterio de Ferrol) para percorrer posteriormente, por medios propios, o Castelo de San Felipe e o Cemiterio de Serantes.
Serán lembrados neste acto, ademais dos cedeireses fusilados en San Felipe e soterrados en Serantes, os paseados en Canido e alí sepultados.

 San Felipe 18.12.1936 
(Condenados a morte "por rebelión militar", na causa 296/36,
en Consello de Guerra celebrado no Cuartel de Zapadores o 4.12.1936)
 Enrique Alonso Teijeiro
Ferrol, 1913. Mestre. Solteiro.
Adolfo Bouzón Teijeiro, "O Noia"
Cedeira, 1908. Mariñeiro. Casado. 3 fillos.
Antonio Castillo Domínguez
Monesterio (Badajoz), 1896. Veterinario. Viuvo. 2 fillos.
José Cipriano Durán Fraguela
Cervo, 1907. Labrego. Casado. 1 fillo.  2º Tte. Alcalde.
Manuel Fernández Freijeiro
Pontedeume, 1876. Militar, retirado, do Corpo de Intendencia. Casado. 8 Fillos.
Alcalde de Cedeira.
Ginés Fernández Rodríguez
Ferrol, 1910. Solteiro. Estudante e Deportista. Fillo do anterior.
Miguel Fernández Santos
Madrid 1905. Funcionario de Correos.
Isaac Forneiro Varandela
Ourense, 1897. Mestre e Empregado do Banco Pastor. Casado.
Antonio Iglesias Freire
Cedeira 1912. Mariñeiro. Solteiro.
José Lago Beceiro
Cedeira 1909. Labrego. Solteiro. Concelleiro.
Enrique Martínez Teijeiro
Narón 1895. Veciño de Cedeira. Conductor de autobús. Casado.
Rufino Redondo Senra
Mera – Ortigueira, 1912. Mestre. Casado. 1 Fillo.
Membro do Comité de Resistencia de Cedeira
Francisco Rodríguez N., "Cascarrón"
Cedeira 1914. Barbeiro e Músico. Casado. 1 fillo.
-------
Xunta eles foi asesinado tamén Antonio Ameneiro Brage,  natural e veciño de Cabanas, de 57 anos, casado, que fora condenado por rebelión militar en Consello de Guerra celebrado o 5 de Decembro no Cuartel de Zapadores da Porta Nova.
San Felipe, 25.12.1938
(Condenados en Consello de Guerra de 21.12.1938)
Andrés Braña Rodríguez "O Carrizo"
Ferrol 1910. Veciño de Cedeira. Mariñeiro. Casado.
Xunta el foi xulgado e fusilado Manuel Orjales Bouza, de Cerdido. 36 anos, solteiro.

Cemiterio de Canido
Paseados o  25de Agosto de 1936
 José Ambrós Gordillo
Alburquerque, 1900. Mestre. Casado
Jesús Lourido Arriví, "O manco de Diamantel"
Cervo – Cedeira 1909. Mariñeiro e Labrador. Casado, 2 fillos.
3º Tte de Alcalde de Cedeira.
Adolfo Rodríguez Yáñez
Cedeira, 1898. Veciño de Cedeira. Funcionario Xudicial. 
José Vergara López
Cedeira 1900. Labrego. Casado. 2 fillos. Síndico do Concello de Cedeira.
Sustituíu ao Alcalde por enfermidade o 19.07.1936.
Paseado o 5 ou 6 de Setembro de 1936
Bernardino Díaz García
Cervo 1904. Xornaleiro. Casado. 3 fillos
Xenro de Manuel Díaz García e concuño de Xosé Meixide, paseados  en Riveiras do Sor.

Condenados en Consello de Guerra
e fusilados o 4 de xaneiro de 1942
Modesto Freire Fernández  "O fillo das Pepitas"
Mera (Ortigueira) 1908. Carpinteiro. Solteiro. Veciño de San Román.

Manuel Freire García
Piñeiro-Cedeira 1902. Mariñeiro. Casado.
 Asasinado no Cuartel da Garda Civil de Ferrol
o 31 de maio de 1949
Jesús Lago Díaz
Esteiro, Cedeira 1905. Zapateiro. Solteiro.



en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Mensagens populares deste blogue

Jornalismo: 43 anos e depois

O serviço público de televisão e a destruição da barragem de Kakhovka: mais rigor, s.f.f.

O caso Rubiales/Jenni Hermoso: Era simples, não é?